A Asociación Cultural Asorey enfronta unha nova edición do certame de escultura Francisco Asorey

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá con membros da Asociación Cultural Francisco Asorey.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá con membros da Asociación Cultural Francisco Asorey.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, trasladoulles esta mañá á presidenta e ao secretario da Asociación Cultural Asorey, María del Carmen Abelleira e Vicente Pérez, respectivamente, o compromiso da Xunta de Galicia de colaborar, un ano máis, no Certame Escultórico Francisco Asorey, que en 2016 chega á súa terceira edición.

Con esta colaboración, a Consellería de Cultura, Educación e O.U. promove a continuidade deste certame escultórico, creado en 2014, para favorecer a creación artística e recordar a figura do escultor Francisco Asorey.

Na xuntanza, tamén estiveron presentes o deputado provincial de Cultura e Normalización Lingüística Xosé Leal Fariña, e o Concelleiro de Cultura do Concello de Cambados, Víctor Caamaño, en representación das restantes institucións implicadas nesta iniciativa.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada