Máis de 1.400 participantes e 16 carrozas inscritas no Entroido de Salvaterra de Miño

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un grupo de ‘choronas’ no Enterro da Lamprea no Entroido de 2008.

Un total de 16 carrozas con más de 1.400 participantes en comparsas desfilarán o sábado 13 de febreiro, a partir das 18.00 horas, durante o Enterro da Lamprea. As comparsas pertencen, ademáis de a Salvaterra, aos veciños municipios de Salceda, Ponteareas,  As Neves, O Porriño, Tui,  Mondariz e Mos. A inscrición pechouse o pasado martes día 2.

Tódalas persoas que queran participar como ‘Choronas’ na comitiva fúnebre do Enterro da Lamprea, vestidas de rigoroso loito, poden facelo sen inscrición. A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, anima os salvaterrenses e a veciños doutros municipios “a formar parte desta comitiva arredor da defunta Lamprea. Un xeito divertido de participar no noso Entroido”.

A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello, o próximo 13 de febreiro ás 18.00 horas.

ENTROIDO INFANTIL

Alumnos dun colexio de Salvaterra desfilando no Entroido Infantil de 2008.

Alumnos dun colexio de Salvaterra desfilando no Entroido Infantil de 2008.

Por outra parte, este venres día 5, a partir das 10.30 horas terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, no que participan colexios do municipio.

O desfile partirá da praza do Concello cara ao Parque de A Canuda. En caso de choiva, trasladarase ao pavillón de Leirado.

O sábado 6 de febreiro, Obradoiro Infantil de Disfraces para nenos e nenas a partir dos 6 anos, entre 11.00 e 13.00 horas, que terá lugar na casa de Cultura do Concello.

O Obradoiro Infantil de Máscaras, para nenos e nenas a partir dos 6 anos,  vai ser o luns 8 de febreiro tamén de 11.00 a 13.00 horas, na Casa de Cultura do Concello.

Para participar nos obradoiros de Disfraces e Máscaras cómpre inscribirse no Concello (986 658 082).

O martes 9 celebrarase o gran Festival Infantil a partir  das 17.30, na Casa de Cultura do Concello. Haberá chocolate, rosca e Karaoke xunto co Concurso de Disfraces. As bases para este concurso poden atoparse na web do Concello de Salvaterra (www.concellodesalvaterra.org).

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada