Estínmase nun millar os atletas que se inscribirán na 10Qfast race As Neves–Salvaterra 

A presentación dos 10 quilómetros máis rápidos de Galicia, a 10Qfast, celébrase o 21 de febreiro con saída do concello de As Neves e con meta no parque de A Canuda, en Salvaterra de Miño, terá lugar o venres, día 5, ás 20.00  horas, no Centro Cultural O Casal, en Salvaterra de Miño.

A organización anuncia a presenza dos dous últimos ganadores Daniel Bargiela Araújo e Iria Fernández Fontela, ademáis da tenente alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, o concelleiro de deportes, Ernesto Groba e o alcalde do concello das Neves, Xosé Rodríguez.

Neste acto darase o nome dos principais atletas inscritos entre os que que figuran numerosos atletas internacionais. Ademais, explicarase o circuíto por onde transcorre a proba e a senda da andaina que se celebrará en paralelo ese mismo día.

Ata o momento están inscritos 500 participantes,  pero cóntase coa participación de cerca dun millar de atletas.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada