Nenos e nenas de Salvaterra elaboran un lazo con máis de 200 globos contra o Cancro

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Ao remate da actividade os nenos salvaterenses soltaron os globos.

A praza do Concello de Salvaterra, nunha tarde solleira de xoves, foi testemuña da inquedanza dos cativos do municipio por presentarlle cara á enfermidade do cancro no día internacional que se celebra en todo o mundo.

Ao longo de máis dunha hora, os pequenos foron inchando globos ata conformar un gran lazo que se colgou na fachada da casa do Concello.

Despois a cada cativo déuselle un globo inchado con helio de cores distintas querendo representar os distintos tipos de cancro. Ao final do acto, os nenos e nenas soltaron os seus globos como colofón a esta actividade solidaria e de concienciación que busca espertar nos cativos hábitos de vida saudable.

A tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Sanidade, Marta Valcárcel, que tamén acudiu coa súa meniña,  afirmou que “cómpren xestos coma este para asegurar nas novas xeracións un coidado que preveñan contra esta enfirmidade nas súas distintas manifestacións. Estamos orgullosos desde Salvaterra de contribuír con esta actividade a concienciar á sociedade”.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada