Viño, peregrinación e fadas do bosque, temática do Entroido infantil de Salvaterra

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO Entroido infantil  de Salvaterra tivo como protagonistas os alumnos do CRA A Lagoa, o CEIP de Leirado e o Carlos Casares. A mañá solleira axudou a que alumnos e profesores disfrutasen do Entroido. Sobre as 10.30 da mañá concentráronse na praza do Concello onde se fixeron fotografías e intercambiaron saúdos.

Os disfraces eran temáticos por colexios. Así os do Carlos Casares desenvolveron o tema do viño. “Salvaterra de viño’, líase na pancarta. Nenos vestidos de toneis, nenos caracterizados como acios con globos, outros con forma de botella… Os de Leirado desenvolveron a temática da peregrinación con botafumeiro e todo. E os do CRA A Lagoa eran as fadas do bosque.

Despois de algo máis de media hora, comezaron a desfilar cara ao parque de A Canuda. Alí, no auditorio ao aire libre instaláronse nas bancadas por colexios. Primeiro merendaron e  logo escoitaron o testamento do Meco a cargo de dúas alumnas do CEIP de Leirado. Despois, presenciaron a  queima do Meco.

A parte máis forte foron as actuacións musicais dos grupos de alumnos. Primeiro os cativiños do CRA A Lagoa que fixeron un espectáculo conxunto con participación das profesoras. Logo actuarían os alumnos de Leirado con tres actuacións por curso. E, finalmente, outra actuación conxunta dos alumnos do Carlos Casares de Alxén.

O sol presidiu toda a celebración deste Entroido infantil. Á unha da tarde houbo que poñerlle fin. Algúns xogos previstos quedaron para outro ano, porque se facía tarde.

Satisfacción da tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Educación, Marta Valcárcel que seguiu toda a celebración. “O Entroido é, de xeito especial, a festa dos nenos e nenas onde desfrutan moitísimo”, explicou.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada