Marta Valcárcel: “A carreira ‘10QFastRace’, entre as Neves e Salvaterra, dará a coñecer a nosa entorna do río Miño e a súa natureza”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA“Temos unha contorna marabillosa co río Miño, a súa natureza… A carreira ‘10QFastRace’ é unha oportunidade de valorizar a través da carreira e da andaina todo o noso patrimonio natural”, expresou a primeira Tenente de Alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, na presentación da 10QFastRace As Neves-Salvaterra que se celebrará o domingo 21 de febreiro para á que xa están inscritos máis de 300 atletas.

Valcárcel aludiu a éxito da primeira edición na que houbo máis de 1.000 corredores “e a xente quedou moi contenta”. A idea é que sexan os 10 quilómetros máis rápidos Por outra parte, “en Salvaterra temos dous clubs de Atletismo” engadiu. Ademais, “hai xente non só de Salvaterra senón de Portugal e de concellos limítrofes que veñen habitualmente a correr ó parque de A Canuda porque é un lugar que se presta para isto”.

Para Valcárcel valorizar dous concellos limítrofes como son As Neves e Salvaterra a través dunha carreira como a 10QFastaRace facilita “dar a coñecer a nosa entorna”.

Pola súa parte, Xosé Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, asegurou que “incorporar As Neves a un evento destas características era case necesario. É unha maneira de entender o desfrute do tempo de lecer e do deporte”. Para Rodríguez Méndez conseguir que sexan os 10 quilómetros máis rápidos é un obxectivo que hai que lograr.

O acto foi presentado por Javier Fernández Domínguez membro do club de atletismo A Canuda e da asociación do mesmo nome. O evento está patrocinado pola banca Mediolanum e Seguros Bilbao. O Banco de Alimentos vai recibir a doazón dos participantes en alimentos non perecedoiros.

Na presentación acudiron os campións masculino e feminino do ano pasado, David Bargiela Araújo e Iria Fernández Fontela xunto co presidente do Centro Cultural de O Casal. David confirmou que é “un circuíto moi rápido” e Iría destacou que consiste “nun percorrido con atractivo como é o río ou o país veciño de Portugal”.

Para os que lles gusta camiñar, ademais celebrarase unnha andaina en paralelo duns 15 quilómetros con parada en lugares de interese. Máis información: http://emesports.es/event/10-q-fast-race-as-neves-salvaterra-de-mino-e-andaina-do-rio/

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada