Xantar consolida á gastronomía como eixo fundamental da oferta turística de Galicia

Conde“Xantar pon en valor a calidade dos nosos profesionais, as posibilidades culinarias e nutricionais que achegan os produtos galegos agrarios e do mar, e o atractivo turístico de Galicia contribuíndo ó obxectivo de superar en 2016 os 5 millóns de visitantes”. Estas foron as palabras do conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, durante a celebración do día adicado ó Turismo en Xantar.

Conde resaltou “o importante papel Xantar xoga na dinamización económica de Galicia, xa que consegue involucrar aos diferentes axentes económicos e sociais”. Para celebrar este día adicado ó Turismo, o conselleiro estivo acompañado, entre outros, pola directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, quen destacou que a “gastronomía é un elemento identitario de Galicia”, e polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que indicou que “o futuro do turismo galego pasa por potenciar a gastronomía”.
Portugal volveu ser un día máis o protagonista en Xantar coa celebración do día adcado ás cámaras municipais de Viana do Castelo, Esposende e Felgueiras que compartiron protagonismo cos concello de Mondoñedo e de A Veiga e coa Fundación Amigos de Galicia.
Durante o acto central desta cuarta xornada de Xantar foron entregados ademáis os Premios Xantar 2016 que serven para celebrar a concesión ó salón da internacionalidade por terceiro ano consecutivo. Os gañadores desta edición foron:
- Premio ao Mellor Stand Restaurante: INORDE, pola súa recreación dos Entroidos ourensáns e pola cooperación público-privada que supón o menú “kilómetro cero” que presentan en colaboración con Coren, Grupo Cuevas e Viña Costeira.
- Premio ao Mellor Stand de Alimentación: Consellería de Medio Rural, por facilitar a presenza nesta feira internacional de empresas e pequenos produtores de productos certificados en calidade e por presentar o menú “Experiencias de Calidade” baseado en produtos con D.O. e I.X.P. Tamén por traer ata Expourense a exposición “Leite 100% Galega” e polos showcookigns e actividades que organizaron.
- Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo. Nesta categoría foron recoñecidas dúas iniciativas. Por un lado a Deputación provincial de A Coruña, por servir de soporte para que tanto os concellos como as empresas puideran presentar os seus productos en Xantar. O outro premio recae una Cámara Municipal de Montalegre, entidade colaboradora fixa de Expourense, que presenta a súa oferta turística en todos os eventos organizados polo recinto feiral deixando ademáis espazo nos seus para promover as feiras ourensás.
- Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: Aceites Abril que presentou nesta edición a nova colleita de aceite de oliva virxe de “Olivareiras Galegas” e organizou unha serie de showcookings nos que demostrou usos novidosos dseste produto empregado, por exemplo, para marinar e macerar froitas frescas.
Tamén foron entregados os premios do VI Concurso de Carteis das Festas Gastronómicas de España e Portugal, cuxo resultado foi:
- 1º premio: Festa do Percebe de Roncudo de Ponteceso.
- 2º premio: Feira do Fumeiro de Felgueiras (Portugal).
- 3º premio: Festa do Botelo de O Barco de Valdeorras.
Estas foron as principais actividades deste sábado de Xantar no que se rexistrou á hora de comer un cheo practicamente total en todos os restaurantes desta edición, unha afluencia que se manterá esta noite dado o número de reservas realizadas.
Durante a xornada de hoxe continuaron os showcookings e catas comentadas e entre as que destacaron as actividades vencelladas coas conservas, a lamprea e o Mexillón de Galicia.A animación de hoxe correu a cargo de grupos folclóricos das cámaras municipais de Esposende e Viana do Castelo e do Folión de Entroido de A Veiga.
Mañá será xa a xornada de clausura desta edición na que 170 expositores presentan as últimas novidades en produtos autóctonos, de calidade, certificados e ecolóxicos onde destacan curiosidades como o productos elaborados a base de castaña, queixos de chourizo, reconfortantes “caldo de galiña vella”, xeados sen ingredientes artificiais elaborados con leite ecolóxica e mesmo ata empanada de tortilla que foi presentada esta mañá polo Concello de Mondoñedo.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada