Os nenos cos disfraces de Shiva, Patrulla canina e tartaruga Ninja, premiados no Entroido Infantil de Salvaterra

Os tres gañadores coa tenente de alcalde e concelleira de Cultura de Salvaterra, Marta Valcárcel.

Os tres gañadores coa tenente de alcalde e concelleira de Cultura de Salvaterra, Marta Valcárcel e persoal de apoio.

Un cento de pais, nais e nenos e nenas acudiron  ao  Festival Infantil de Entroido, no Salón da Casa de Cultura, organizado polo Concello de Salvaterra.

Os máis cativos desfrutaron de diferentes actividades. Entre elas o concurso de disfraces, onde o xurado, formado por tres persoas, valoraron o colorido dos disfraces, o bo gusto e o traballo na súa realización. Tivéronse en conta especialmente aqueles disfraces que foron feitos de modo artesán así como a súa posta en escena no momento da presentación.

“Dende o Concello agradécese a todos os participantes a súa asistencia e sobre todo aos máis cativos. Cada ano resulta máis difícil escoller aos gañadores e gañadoras deste concurso, aínda que o importante é participar e pasar unha tarde divertida”, explica a tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel.

Os gañadores:

1º premio.- Alicia Fernández Penín. SHIVA

2º premio.-Martín e Naiara Fernández Rocha. PATRULLA CANINA

3º premio.- Nicolás Rodríguez Carrera.TARTARUGA NINJA

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada