Salvaterra de Miño prepara a celebración do Día de Rosalía e o Día da Muller traballadora

A concellería de Cultura de Salvaterra de Miño que dirixe Marta Valcárcel prepara dous eventos para celebrar o Día de Rosalía o 24 de febreiro, e o Día da Muller traballadora o 8 de marzo.

O Día de Rosalía ás 16.30 horas organizarase unha  actividade infantil  titulada ‘Á procura dun poema’. Os nenos e nenas que asistan terán que atopar anacos de poemas de Rosalía e ordenalos para que ao remate sexan recitados e algúns deles serán acompañados con música de guitarra.

O día da Muller traballadora, 8 de marzo, ás 16.30 horas celébrase unha  actividade Infantil con teatro de marionetas e elaboración da árbore das profesións.

As dúas actividades celebraranse na praza do Concello. E en caso de choiva, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada