O Concello de Salvaterra acolle unha xornada formativa para aprender a producir compost reciclando a materia orgánica do lixo

compost‘Fabrica e utiliza o teu compost’ é o título dunha xornada organizada entre o Concello de Salvaterra de Miño e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, a través do programa ao que este Concello acaba de se adherir. O fin é ensinar a todos aqueles que estean interesados a  elaboración do  compost.

Todos aqueles veciños e veciñas que estean interesados, aínda quedan prazas libres para participar neste proxecto, cómpre contacten na Casa do Concello coa persoa responsable, Margarida.

Este programa vai dirixido ás familias que teñen unha vivenda unifamiliar con horta ou xardín, co fin de xestionar os seus propios residuos.  A compostaxe doméstica non é máis que a reciclaxe da materia orgánica en orixe, converténdoa nun fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan e que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos artificiais.

O 50% da composición media do lixo está formada por restos orgánicos. Con esta técnica, ademais de obter o compost, estase a contribuír a reducir a produción de lixo.

 

Xornada formativa: ‘Realiza o teu compost’.  O 19 de febreiro ás 20.30 horas, na Aula da Casa de Cultura de Salvaterra.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada