Salvaterra enterra a Lamprea nun acto ‘fúnebre’ esta tarde de sábado

Unhas 'choronas' no Enterro da Lamprea de 2008.

Unhas ‘choronas’ no Enterro da Lamprea de 2008.

O Concello de Salvaterra de Miño xa ten todo preparado para poder dar o seu último adeus a defunta lamprea, no seu xa tradicional Enterro que percorrerá as rúas desta vila milenaria este sábado 20 de febreiro, a partir das 18.00 horas.

Un total de 15 carrozas con más de 1.400 participantes en comparsas desfilarán, durante o Enterro da Lamprea. As comparsas pertencen, ademáis de a Salvaterra, ós veciños municipios de Salceda, Ponteareas,  As Neves, O Porriño, Tui,  Mondariz e Mos.

Dende a Concellería de Cultura recórdanlle a tódalas persoas que queran participar como ‘Choronas’ na comitiva fúnebre do Enterro da Lamprea, vestidas de rigoroso loito, poden facelo sen inscrición. É un xeito divertido de participar neste Entroido.

A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre o desfile pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada