Máis de 800 atletas participan na 10Q Fast Race

Un momento da presentación da proba coa tenente de alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel e o alcalde de As Neves.

Un momento da presentación da proba coa tenente de alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel e o alcalde de As Neves.

A segunda edición da 10Q Fast Race (a primeira edición chamouse 10K Parque A Canuda) e Andaina do Río celébrase este domingo 21 de febreiro organizado pola Asociación Centro Cultural e Deportivo Casal, Club Atletismo A Canuda e os concellos de As Neves e Salvaterra dde Miño.

Haberá carreira para os nenos de tódalas idades na zona de meta no parque A Canuda, e a proba absoluta na que concorrerán uns 800 atletas nas distintas categorías, sairá da praza do concello de As Neves as 10.30 da mañá e transcorrerá polas parroquias de Tortoreos, Liñares, Oleiros e polo casco urbán de Salvaterra así como polo paseo do río Miño para rematar no parque A Canuda.

Esta proba, que está catalogada como a “mais rápida de Galicia”, participarán atletas de renome tanto galego, español e incluso de Portugal, nomes como Alejandro Fernández, Daniel Bargiela, Hassan Lekkili, Sara Carvalho, Miguel Moniz Ribeiro e un gran elenco de atletas afeccionados de ambos países.  Esta edición ademáis do nivel de atletas destaca polo seu percorrido moi asequible e levadeiro ideal para mellorar as marcas nesta distancia. Percorrido diseñado polo Club de Atletismo A Canuda de Salvaterra club este que a pesar da súa mocidade conta con grandes logros deportivos conseguidos polos seus membros.

Unha hora antes terá saída a xa popular ‘Andaina do río’ que sairá do Parque A Canuda, visitará a quinta de Teans, unha adega tradicional e varios puntos de interés pintorescos  e históricos do municipio de Salvaterra así como as beiras dos ríos Miño e Tea onde se situan as “Estacadas” para a pesca da lamprea.

Dende a organización queren agradecer a todos os voluntarios que van axudar desinteresadamente a que todo sexa un éxito así como a todos os patrocinadores. Tamén piden disculpas os veciños dos concellos polos que transcorre a proba de 10 quilometros polas molestias que durante o percorrido lles poida causar, xa que a estrada estará cortada total ou parcialmente dende as 10.30 ata as 12.00pm, as estradas afectadas son as Rúas Entrecíns, PO-415 en As Neves e a PO-400 en Salvaterra.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada