O Entroido despídese de Salvaterra trala incineración da Lamprea ante centos de persoas

Momento no que  comezou a arder o 'túmulo fúnebre'., as portas da Casa do Concello.

Momento no que comezou a arder o ‘túmulo fúnebre’., as portas da Casa do Concello.

Co cortexo fúnebre da Lamprea iniciouse na tarde do sábado o Enterro da Lamprea. Prevista que chegara nun carro tirado por un cabalo pero a falta de serenidade do animal fixo que a organización optara por trasladala nun coche. Tan só dúas coroas de loureiro sobre o cadaleito con estas dedicatorias: ‘O Alcalde e Corporación’ e ‘Os veciños de Salvaterra’. 

Detrás 14 carrozas e comparsas coas súas coreografías a cada cal máis inverosímil. Os salvaterrenses admiraron os máis de cen participantes nas coreografías na de Soutelo, Salceda, que acompañaban a carroza así como a profesionalidade e o exotismo da carroza e comparsa de Budiño, entre outras. Os temas foron desde os clásicos, como a Familia Addam’s,  ata os futuristas do Espazo con caracterizacións moi traballadas. Tamén temas de actualidade como a ambientada en México, ‘O Chapo’ ou o da Picoña con Alí Babá e os 40 ladróns. Como se sabe, en Salvaterra non hai concurso pero o Concello ofrece unha axuda económica, segundo o número de integrantes das comparsas e as características das carrozas.

Ao final do percorrido, xa na praza do Concello, procedeuse ao singular velorio coas ‘choronas’  e a facer público o testamento a cargo do Notario Maior do Condado. Numerosas referencias á situación política e a temas locais na súa lectura entre as repeticións do retrouso ‘¡Morreu!’.  A continuación foi incinerada a Lamprea ás portas da casa do Concello de Salvaterra e con ela os desexos dos salvaterrenses.

A concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde, Marta Valcárcel valorou esta fin de Entroido 2016 moi positivamente “pola gran participación e asistencia dos salvaterrenses e visitantes así como polo tempo solleiro que permitiu desenvolver de xeito doado a actividade”.

A festa seguió na praza do Concello onde centos de persoas se divertiron ata ven entrada a noite.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada