Un ourensán gaña a 10QFastRace entre As Neves e Salvaterra ao realizar o percorrido en 30 minutos

Alejandro Fernández Rivera, un sénior ourensán del equipo Adas do Barco, foi o flamante campión absoluto da 10QFastRace.

Alejandro Fernández Rivera, un sénior ourensán do equipo Adas do Barco, foi o flamante campión absoluto da 10QFastRace.

Alejandro Fernández Rivera, un sénior ourensán do equipo Adas do Barco, foi o flamante campión absoluto da 10QFastRace entre os municipios de As Neves e Salvaterra de Miño ao realizar o percorrido en 30:05. No podio, estiveron tamén o independente Hassan Lekilli (30:05) e, en terceiro lugar, Akka Essaadaoui, nun tempo de 30:55.

Cun día solleiro o parque salvaterrense de A Canuda encheuse de deportistas e familiares que baixo un ceo limpo, cun sol radiante,  agardaron a chegada dos corredores da proba máis rápida de Galicia de 10 quilómetros, a 10QFastRace. No mesmo parque celebráronse as carreiras de velocidades dos máis novos. E cómpre non esquecer a andaina que se desenvolveu en paralelo á proba atlética.

A primeira tenente de alcalde, Marta Valcárcel, e o concelleiro de Deportes, Ernesto Groba, participaron na entrega de trofeos aos deportistas clasificados. O trasfego no pódio foi seguido por numerosos deportistas, amigos e familiares que desfrutaron dun día primaveral por adiantado.

Ver participantes, tempos e posicións aquí.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada