Á procura dos versos de ‘Negra sombra’ os nenos salvaterrenses coñeceron a Rosalía

OLYMPUS DIGITAL CAMERA‘Á procura dun poema’ foi a actividade que nenos e nenas de Salvaterra desenvolveron hoxe pola tarde na Casa da Cultura con motivo do Día de Rosalía.

Previamente, agocháronse, en distintas partes do auditorio, versos do poema ‘Negra Sombra’. Os cativos, xogando con distintas pistas que ofrecían os monitores –Xavi e Alba- foron quen de atopar os versos soltos para logo recompoñer o coñecido poema rosaliano ‘Negra Sombra’.  Houbo algunhas dúbidas á hora de poñer en orde os versos. Unha vez conseguido, dous rapaces recitaron o poema.

Para rematar, Merchi cantoulles dúas cancións coa letra de poemas de Rosalía, ‘Negra Sombra’ e ‘Adeus ríos, adeus fontes’.

Deste xeito remataron coñecendo máis sobre a universal poeta galega Rosalía de Castro.

‘Á procura dun poema’ foi organizada pola concellería de Cultura de Salvaterra de Miño que dirixe Marta Valcárcel.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada