O CIFP Carlos Oroza, epicentro da sumillería galega e lusa

O 3º Concurso de Sumillería ‘Suso Domínguez’ celebrase mañá xoves no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. O evento dará comezo ás 9 horas, coa primeira proba, un cuestionario específico sobre a DO Ribeira Sacra, que os participantes realizarán nunha das aulas do centro. A segunda proba tamén será desenvolvida no centro, a identificación de olores, nez du vin 54 aromas.

Participan os 8 centros da Rede Galega de FP de Hostalería de Galicia e as Ehtd Lamego EHTd Coimbra, EHT Oporto e EHT Viana do Castelo, ademáis da Escola da Armada ESENGRA.

O concurso, patrocinado pola adega da Ribeira Sacra Ponte da Boga, continuará a partir das 12 horas no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, a onde se trasla-dará todo o alumnado do centro, colaboradores e autoridades convidadas para dar paso á identificación dun viño da DO Ribeira Sacra entre 5 referencias dadas.

Cartel.

Cartel.

Posteriormente cada participante realizará unha proba de decantación tipo aireado co que rematarán a súa participación no concurso.

Mentres o xurado delibera, haberá unha demostración de degüelle e apertura dunha botella de viño con sable, tan característico do servizo en Portugal, que será realizado por unha das escolas portuguesas.

Como remate, e antes da entrega de premios o grupo galego de baristas Kanalla Coffee, realizará algunha demostración das súas habilidades co café, dando a coñe-cer a todos os asistentes o oficio de barista.

O punto e final á xornada no auditorio será a entrega de premios ao gañador, e o discurso das autoridades convidadas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada