Teatro de marionetas e árbore da igualdade, concienciar os cativos na igualdade no día internacional da Muller Traballadora  

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOs cativos de Salvaterra celebraron o Día Internacional da Muller traballadora con dúas actividades na praza do Concello.

Un teatro de marionetas cunha historia sobre oficios no que unha muller mecánico arranxa o coche dun descrido home que pensaba que as mulleres non podía desempeñar este oficio. O teatro foi moi dinámico, interpelando aos cativos decontinuo sobre este tema.

Ademais, os miúdos elaboraron a árbore da igualdade coloreando debuxos con figuras de mulleres que desempeñan distintos oficios. Logo colgáronse todos os debuxos, no tronco anotáronse os nomes dos nenos e nenas e quedou instalado na entrada da casa do Concello de Salvaterra.

Esta actividade foi unha iniciativa da concellería de Cultura que dirixe a concelleira e primeira tenente de alcalde, Marta Valcárcel.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada