Poetas Di(n)versos une Brasil con Bergantiños

 Rosalía Fernández Rial medrou entre Carballo e Muxía e vén de doutorarse como especialista en didáctica das linguas, a literatura e a expresión dramática. Nada no 88, esta escritora, acordeonista e teatreira é autora de cinco libros de poesía que ten levado a escena a través de diversas presentacións performáticas e musicais.

Rosalía Fernández Rial medrou entre Carballo e Muxía e vén de doutorarse como especialista en didáctica das linguas, a literatura e a expresión dramática. Nada no 88, esta escritora, acordeonista e teatreira é autora de cinco libros de poesía que ten levado a escena a través de diversas presentacións performáticas e musicais.

Un novo recital da programación poética da Concellería de Culturas da Coruña anúnciase para o vindeiro luns 14 de marzo, no horario habitual das 20.30h. A sesión mensual correspondente xuntará sobre o escenario do Ágora dúas voces chegadas dende Bergantiños e São Paulo, nun acto aberto e gratuíto para todo o público interesado.

Sempre diversas e sorprendentes a pesar de procurar en todo momento a máxima calidade literaria, esta nova cita de POETAS DI(N)VERSOS constituíra, sen dúbida, a máis vangardista e multidisciplinar desta sétima edición. Durante unha sorte de espectáculo poético dunha hora de duración, dúas das voces máis experimentais da poesía galega e brasileira amosarán ao público novas e expresivas formas de comunicación da poesía. Capaces de cativar a lectores habituais pero tamén á audiencia menos versada, os convidados apoian as súas lecturas no vídeo, a música en directo e elementos performáticos. Así a poesía contemporánea dialoga con outras linguaxes grazas á complicidade das tecnoloxías, ampliando a súa mensaxe na procura de novos públicos.

Ricardo Domeneck naceu en Bebedouro (São Paulo) en 1977, e é autor de seis poemarios. Co-editor de dúas revistas literarias e colaborador de moitas outras, ten libros traducidos na Alemaña, Holanda e España, mentres que el mesmo ten tamén vertido autores contemporáneos para o portugués.

Ricardo Domeneck naceu en Bebedouro (São Paulo) en 1977, e é autor de seis poemarios. Co-editor de dúas revistas literarias e colaborador de moitas outras, ten libros traducidos na Alemaña, Holanda e España, mentres que el mesmo ten tamén vertido autores contemporáneos para o portugués.

Presentados pola directora e condutora de POETAS DI(N)VERSOS por estes sete anos consecutivos, a tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, os protagonistas lerán os seus textos nas linguas orixinais nas que foron escritos: galego e portugués respectivamente. Eles serán Rosalía Fernández Rial e Ricardo Domeneck. A primeira medrou entre Carballo e Muxía e vén de doutorarse como especialista en didáctica das linguas, a literatura e a expresión dramática. Nada no 88, esta escritora, acordeonista e teatreira é autora de cinco libros de poesía que ten levado a escena a través de diversas presentacións performáticas e musicais. Máis en concreto, nos últimos tempos tense unido ao músico Serxio Moreira para crearen xuntos o proxecto ELO, unha formación poético-musical e escénica que vén de publicar o seu primeiro traballo discográfico. Por moitos puntos de Galicia presentaron xa traballos como Átonos ou Ningún amante sabe conducir. Canto a Ricardo Domeneck, el naceu en Bebedouro (São Paulo) en 1977, e é autor de seis poemarios. Co-editor de dúas revistas literarias e colaborador de moitas outras, ten libros traducidos na Alemaña, Holanda e España, mentres que el mesmo ten tamén vertido autores contemporáneos para o portugués. Poeta curtido sobre os escenarios e adoito apoiándose no vídeo, presentou recitais e performances explorando a fronteira textual entre o oral e o escrito por toda Europa e América, dende o Museo Reina Sofía ao Akademie der Künste de Berlín, pasando por México, Bos Aires ou Dubai.

A ocasión permitirá adquirir –asinados por eles- os libros ou CDs dos convidados, achegados por unha das habituais librarías de barrio que colaboran. O único ciclo estable de España que acolle de xeito regular poetas internacionais volverá con novas citas no inmediato trimestre primaveral, reunindo o luns 18 de abril ao coruñés Isaac Xubín canda a irlandesa Lorna Shaughnessy.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada