A Real Academia de Ciencias entrega o seu Premio de Investigación a unha revolucionaria terapia de células nai contra o ictus

castillo_sobrino_camposA sede da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en Santiago de Compostela, acolle mañá mércores 21 de xaneiro a entrega dos Premios de Investigación que a institución concede anualmente. O acto, que coincide coa apertura do curso académico, estará aberto ao público e celebrarase a partir das sete da tarde, coa presenza dos membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) responsables dos proxectos científicos galardoados.

 

Asistirán o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela; e os reitores das tres universidades, Juan Viaño, Salustiano Mato e Xosé Luis Armesto.

 

O traballo galardoado co Premio de Investigación 2014, dotado con 6.000 euros, demostra que as estratexias reparadoras baseadas en terapia celular son unha vía eficaz para a recuperación das persoas afectadas por un ictus. O equipo galardoado está formado por José Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, todos eles membros do IDIS, participado polo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e pola USC.

 

O proxecto premiado na categoría de investigadores mozos, dotado con 2.000 euros, será recollido polo físico de partículas da USC Iago Bea Besada. Aínda que a intención primeira da súa investigación é comprender a natureza en si mesma esta abordaxe permite posibles aplicacións prácticas, como a creación de novos tipos de materiais, utilizables na construción de supercomputadores, ou outras tecnoloxías de nova xeración.

 

José Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

José Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada