‘O principio de Arquímedes’, de Teatro do Atlántico leva cinco María Casares, incluídos o de director e mellor espectáculo

‘Xardín suspenso’, do Centro Dramático Galego, leva tres

Tódolos premiados. LA DIAPO.

Tódolos premiados. LA DIAPO.

Os XX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolleu esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 14 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala, que se retransmitiu en streaming polo web da TVG e por diferido na TVG2, acudiron máis de 500 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral.

Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida por Chévere, que neste ano propuxeron un musical festivo para celebrar as fortalezas do noso teatro e para homenaxear o centenario das Irmandades da Fala, o vixésimo cabodano da actriz María Casares e a vixésima edición dos premios. Xesús Ron dirixiu unha gala na que participaron un total de nove intérpretes (Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Arantza Villar, Mónica García,  Borja Fernández, Manuel Cortés, Cristina Iglesias, Marcos Ptt, César Goldi) e cinco músicos (Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz). Montse Dopico encargouse da lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro e o Premio de Honra Marisa Soto foille entregado á Revista Galega de Teatro.
Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares deste 2016. OS RESULTADOS:

 

O principio de Arquímedes: (5) adaptación-tradución, actor secundario, actor protagonista, director, espectáculo

Xardín suspenso: (3) iluminación, escenografía, actriz protagonista

O furancho: (1) vestiario

Manawee: (1) música orixinal

30 e tanto ósos: (1) texto orixinal

Ensaio sobre a cegueira: (1)maquillaxe,

Presidente: (1)actriz secundaria
Noiteboa: (1
) actriz protagonista

FEO! (1): mellor espectáculo infantil

 

DISCURSO DA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA (AAAG)

Vicente Mohedano, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), realizou no seu discurso un chamamento para que as institucións  e a propia profesión se esforcen ao máximo en fortalecer un sector cultural de calidade. “Pedimos que a TVG, pola súa propia saúde, dedique o máximo esforxo en esixir da profesión teatral a máxima dedicación e excelencia no seu traballo. A TVG ten medios para promover este fin. Pedimos, ademais, que o Centro Dramático Galego que, pola súa propia saúde, dedique o máximo esforzo a esixir aos responsables da TVG a máxima dedicación e excelencia no seu traballo”, sinalou Mohedano. Tamén aproveitou a oportunidade para render homenaxe á actriz María Casares, no ano que conmemora o vixésimo aniversario do seu pasamento. “Como dicía María Casares, o público é o último actor do escenario. Sen el, o feito teatral, non existe. Viva o teatro, viva o público e viva María Casares!”, concluíu entre aplausos.

 

Chevere. CORSINO.

Chevere. CORSINO.

A GALA: DOUS GRANDES PANOS DE FONDO

Suso Montero encargouse un ano máis da escenografía, na que destacou a elaboración con gran precisión artística de dous enormes panos teatrais que serviron para a ambientación desta gala musical que lembrou a María Casares e ás Irmandades da Fala, como tamén a outros elementos que sirven para reivindicar unha identidade cultural propia aberta ao mundo e que constitúen unha mirada orgullosa ao pasado para afrontar con determinación o futuro do teatro, da lingua e da cultura galega. Con estes obxectivos en mente, ao escenario subiron nove actores (Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias) e cinco músicos (Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz).

 

A gala, ademais, conta un ano máis coa produción executiva de Marta Horjales e co apoio dunha serie de institucións e entidades privadas que demostran coa súa implicación a importancia social e cultural que teñen os Premios María Casares. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE patrocinan os premios, que contan coa colaboración tamén do Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Televisión de Galicia, o Centro Dramático Galego, Gadis,  Emsac e Trevisani.

 

GAÑADORES POR CATEGORÍAS

 

 

                   PREMIO                    ESPECTÁCULO               COMPAÑÍA

  1. MELLOR MAQUILLAXE

                             

Raquel Fidalgo                                 Ensaio sobre a cegueira                        Sarabela

 

  1. MELLOR VESTIARIO

Marián Bañobre                                O furancho                                          Ibuprofeno Teatro

 

  1. MELLOR ESCENOGRAFÍA

Carlos Alonso                                  Xardín suspenso                         Centro Dramático Galego

 

  1. MELLOR ILUMINACIÓN

 

Afonso Castro                                  Xardín Suspenso                       Centro Dramático Galego

 

  1. MELLOR MÚSICA ORIXINAL

 

Monica de Nut, Vadzim                  Manawee                                  Matrioshka Teatro

Yukhnevich e Javi Bermejo

 

 

  1. MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN

Afonso Becerra                              O principio de Arquímedes        Teatro do Atlántico

 

  1. MELLOR TEXTO ORIXINAL

             Diana Mera, Merche Pérez               30 e tanto ósos                            Aporía Escénica

e Teté García

 

  1. MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA

Iolanda Muíños                               Presidente                                       Teatro do Morcego

 

  1. MELLOR ACTOR SECUNDARIO

Alberto Rolán                                O Principio de Arquímedes           Teatro do Atlántico

 

  1. MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (comparten premio ex aquo)

Mela Casa                                    Noiteboa                                                Redrum Teatro

Melania Cruz                              Xardín suspenso                      Centro Dramático Galego

 

  1. MELLOR ACTOR PROTAGONISTA

Toni Salgado                                  O principio de Arquímedes          Teatro do Atlántico


  1. MELLOR DIRECCIÓN

              Xúlio Lago                       O principio de Arquímedes            Teatro Do Atlántico

                     

 3  MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL

                      Feo!                                                                 CARAMUXO TEATRO

 

  1. MELLOR ESPECTÁCULO

O principio de Arquímedes                                 TEATRO DO ATLÁNTICO

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada