Pandeiretas, árbores e libros na programación cultural de Salvaterra este mes de abril

Asociación Cultural Banda de Gaitas Pontenova na Festa dos Espumosos.

Asociación Cultural Banda de Gaitas Pontenova na Festa dos Espumosos.

A Asociación Cultural Pontenova organiza por primeira vez, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, o I Festival de Canto e Pandeireta, que terá lugar o domingo 10 de abril ás 18.30h, na Casa de Cultura de Salvaterra.

Neste festival  participará o Grupo Infantil A.C. Pontenova, o Grupo Infantil Ondiñas do Mendo, As Lucernas de Fiolledo e o Grupo de Adultos da A.C. Pontenova.

ÁRBORES

Con motivo da celebración do Día da Árbore, o Concello de Salvaterra de Miño organiza diferentes actividades nos Centros Educativos do Municipio. Estas van consistir na plantación de diferentes árbores que irán acompañadas posteriormente dunha representación por parte dun grupo de animación infantil, neste caso será un espectáculo de maxia.

Así o día 4 de abril realizarase a plantación no colexio de Leirado e o  día 5 de abril no colexio Carlos Casares e no Infante Felipe

E o 19 de abril serán os nenos e nenas do Cra a Lagoa os que fagan a plantación no Parque Público A Canuda.

“Con estas actividades inténtase concienciar a todos, pero sobre todo aos cativos, da gran importancia que teñen as árbores, a Natureza en si mesma para a nosa vida. Temos que recordar que Salvaterra de Miño é un dos Concellos que máis metros cadrados ten de zonas verdes e que só na Vila ten máis de 1.000 árbores plantadas”, sinalan desde a concellería de Educación.

LIBROS

Abril mes dos libros pretente levar aos máis cativos o amor polos libros e pola lectura a través de diferentes actividades  que se celebrarán todos os xoves do mes a través do programa ler conta moito, co único fin de achegar a lectura aos nenos e nenas do municipio, o mundo de fantasía e ilusión que nos atopamos en cada unha das historias que nos contan e sobre todo intentar  crear un hábito de lectura entre os pequenos.

.7 de ABRIL, de 16.30 a 17.20h actuación da animadora Carmen Domech coa actividade “Contacontos de libros contentos”. A partir de 4 anos. Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

. 14 de ABRIL, de 16.30 a 17.20h actuación de Magín Blanco co espectáculo “Libros encantados”. A partir de 4 anos. Lugar: Biblioteca de Salvaterra.

 

. 21 de ABRIL, DE 16.00 A 17.30h, Obradoiro co grupo Tarabelos de ilustración: Contos con Miró , a partir de 6 anos. Prazas limitadas (25). Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

.28 de ABRIL,  de 16.30 a 17.20h actuación de  Luis Vallecillo “Cantamos un conto na Biblioteca?” para ne@s a partir de 4 anos. Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada