A Eurocidade Salvaterra–Monçao aposta por un Encontro Cultural para “reforzar identidades e solidificar as relacións culturais”

Unha exposición de obras de pintura, escultura e fotografía de 40 artistas inaugúrase o 8 de abril, ás 18.00 horas, no Castelo de Dona Urraca

A Eurocidade Salvaterra-Monçao separada polo río Miño que atravesa a Ponte Internacional.

A Eurocidade Salvaterra-Monçao separada polo río Miño que atravesa a Ponte Internacional.

Un encontro cultural con temática vinculada á importancia da muller, ao seu destacado papel na literatura, na arte e na historia ao longo dos anos será unha actividade conxunta da Eurocidade Salvaterra–Monçao para a próxima fin de semana.

Este encontro empezará coa inauguración dunha exposición de varias obras de pintura, escultura e fotografía, onde participan máis de 40 artistas, e que se inaugurará o próximo 8 de abril, ás 18.00 horas, no Castelo de Dona Urraca, situado no Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño, que contará cun total de 22 obras pictóricas e 4 escultóricas, de artistas tanto galegos como portugueses. As obras estarán expostas en tres lugares, na Casa Museu de Monçao, na Adega da Quinta de Santiago e no Castelo de Dona Urraca.  Estas exposicións estarán abertas do 8 ao 28 de abril.Eurocidade

E o 9 de abril terá lugar o Coloquio “Expresións da Cidadanía no Feminino” no Auditorio da EPRAMI, en Monçao, que estará composto por dúas mesas. Ás 10.30 horas (hora española 11.30 horas) abrirase cunha mesa dedicada a Interacción entre xéneros na literatura, na historia e na Arte, e ás 15.30h (16.30 hora española) a segunda mesa versará  sobre unha cultura de igualdade.

O Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Monçao presentan esta exposición para a próxima fin de semana como unha actividade que se engloba dentro das organizadas pola Eurocidade Salvaterra–Monçao.

Este proxecto  pretende reforzar identidades e solidificar as relacións culturais e, por extensión, da cidadanía entre a rexión galaico–portuguesa.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada