O proxecto de innovación “Novos usos culinarios da lapa” do CIFP Carlos Oroza dase a coñecer no Salón de Gourmets

Ofrecerán un menú degustación que integra dous pratos con elaborados con lapa

Unha lata de lapa envasada polo Carlos Oroza para o Campionato de Sumillería.

Unha lata de lapa envasada polo Carlos Oroza para o Campionato de Sumillería.

Unha representación do profesorado e alumnado do CIFP Carlos Oroza, participante no proxecto de innovación “Novos usos culinarios da lapa”, estará presente no 30 Salón de Gourmets que desenvólvese en Madrid o 4,5,6 e 7 de abril. O CIFP Carlos Oroza estará acompañado por Maruxa García Quiroga de Taste-lab e a Confraría San Xosé de Cangas, integrantes tamén deste proxecto.

Dentro do stand da Consellería do Medio Rural e do Mar, este equipo de profesorado e alumnado realizará unha breve exposición do proxecto de innovación e presentará ás 12 horas un panel de cata cun menú sinxelo de tapas a base de tres variedades de lapa, ademáis dunha sobremesa, que se maridarán con viños albariño da DO Rías Baixas.

As especialidades que se presentarán neste importante escaparate internacional de ali-mentos e bebidas de calidade nun formato “menú-degustación” serán:

Cebiche de lapa e algas

Paté de lapa Rías Baixas

Mini bocadillo de lapa escabechada con brotes de herbas e hortalizas

Tempura de queixo San Simón da Costa DO con sopa de mazá de Galicia

Tastelab dirixirá o panel de cata e extraerá os resultados para a súa posterior análise e incorporación á memoria deste proxecto de innovación.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada