Os euroartistas invaden coas súas obras a Eurocidade Salvaterra-Monçâo

O colectivo dos artistas posando tralo acto de apertura.

O colectivo dos artistas posando tralo acto de apertura.

‘Expresións de Cidadanía en Feminino na Rexión Luso-Galaica’ concitou o interese de máis de 40 artistas que expuxeron a súa obra no Castelo de Dona Urraca e en Monçâo na Casa Museu da Universidade do Minho e na Quinta de Santiago. Onte non faltaron á apertura en Salvaterra. Ata o 28 de abril pódense visitar as tres sedes.

Entre os artistas anfitrións está a pintora salvaterrense Rosa Porto e o pintor luso, José Barros, coñecido por ‘Puskas’ así como Joana Degues, Ricardo de Campos e Patricia Oliveira.

A pasada noite tamén brillou especialmente o concerto/conferencia  do virtuoso do piano Mestre António Victorino D’Almeida que foi entrevistado polo Mestre Miguel Leite, no cine Joâo Verde, na vila de Monçâo. Á vez, os artistas plásticos Patrícia Oliveira e Ricardo de Campo realizaron dúas obras artísticas ás cales puxo música o Mestre D’Almeida de forma improvisada, mentres eles remataban.

Na inauguración en Salvaterra estivo o Presidente da Cámara de Monçâo, Augusto Domingues así como a Primeira Tenente de Alcalde de Salvaterra e concelleira de Cultura, Marta Valcácel, xunto co concelleiro de Cultura Jorge Paulo Esteves.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1