Arbo presenta o seu programa da Festa da Lamprea 2016

A 56 Festa da Lamprea de Arbo –Festa de Galicia de Interese Turístico- celébrase os días 22, 23 e 24 de abril

Imaxe da Festa da Lamprea celebrada en 2006.

Imaxe da Festa da Lamprea celebrada en 2006.

Chega de novo a 56 Festa da Lamprea de Arbo –Festa de Galicia de Interese Turístico- os días 22, 23 e 24 de abril, organizada polo concello arbense.

O venres 22 destaca a inauguración (17.30 horas) da Arbomostra e a Gala da Lamprea (20.30 horas) no auditorio municipal coa actuación da pianista, Andrea González. O día remata con verbena da orquestra Stelares e o grupo folk ‘Pelepau’ na praza do Consistorio.

Aínda que hai pasa calles e actuacións musicais antes, o sábado 23 é o día do pregón (13.00 horas) e o xantar da Lamprea (14.30 horas). Antes a Coral Polifónica de Arbo actúa (13.30 horas) xunto coa Banda de Música Municipal de Arbo. Pola tarde actuacións musicais como pasacalles das charangas e actuacións do grupo folclórico Asociación Cultural Barca de Loimil, na praza do Consistorio. Pola noite, concerto de Miguel Sucasas Jazz Quartet, no auditorio. E para rematar o día, verbena.

O domingo 24, pasacalles e segue a Arbomostra aberta para visitar. A banda de Gaitas da Asociación Cultural a Vella Barca fai un pasacalles (12.00 horas) e o grupo folclórico desta mesma asociación actúa na praza do Consistorio.

Pola tarde, continúan os pasacalles das charangas e da Banda de Música Unión de Valadares (18.30 horas). A exhibición de baile activo (20.30) e a verbena coa orquestra Gran Parada e o concerto de Lucía Pérez son as últimas actividades.

Consultar programa adxunto que recolle máis actividades

Cartel

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada