Profesionais do xornalismo poderán coñecer a fondo o Parque Nacional das Illas Atlánticas

A xornada do 4 de maio, convocada exclusivamente para eles

P9107782

Vista dende as Illas Cíes.

A entidade Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia organiza un encontro con profesionais dos medios de comunicación -un máximo de 20- que permita, por unha banda, dar a coñecer os aspectos máis salientables do espazo protexido e por outra, escoitar as propostas e inquedanzas dos profesionais que, en moitos casos, son os protagonistas da súa divulgación.

Na xornada -que se vai celebrar o 4 de maio- tratarase dos valores naturais e culturais do Parque Nacional; do Uso Público do Parque Nacional: xestión, funcionamento e actividades; proxectos e novidades do Parque Nacional, e os participantes farán unha visita guiada ao arquipélago de Cíes

O lugar do encontro será o Centro de Visitantes do Parque Nacional (Edificio Cambón). Rúa da Palma 4, Casco Vello (Vigo). Arquipélago de Cíes.

Os interesados han de presentar a súa solicitude durante o período de inscrición que comprende dende o 18 ao 29 de abril de 2016. No caso de que as solicitudes superen a oferta de prazas, a participación estará suxeita á orde de chegada de solicitudes, sempre que se cumpran os requisitos respecto aos destinatarios. Os participantes admitidos que finalmente non poidan asistir, deberán comunicar a súa renuncia o antes posible, co obxecto de poder chamar a outras persoas da lista de espera. O feito de non enviar ningunha comunicación anulará o dereito a participar na seguinte convocatoria. A participación nas xornadas é gratuíta e inclúe a inscrición, o café de media mañá e o transporte a Cíes. A comida (opcional) será a cargo de cada participante (no traxecto do barco de volta). No caso de mal tempo, as xornadas realizaranse integramente na sede do Parque Nacional.

 PROGRAMA

        9.15h Inauguración das Xornadas. Presentación de obxectivos e contidos. Entrega de documentación.

  • 9.30h O Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Quen somos?
  • 10.15h O Uso Público no Parque Nacional: Que, cando e como visitar o Parque. E nós, que temos que ver en todo isto?
  • 11.00h Proxectos e novidades no Parque Nacional
  • 11:30h Visita ao Centro de Visitantes do Parque Nacional.
  • 11.50h Pausa para café.
  • 12:30h Embarque dende o Porto de Vigo cara ao Arquipélago de Cíes. Realización dunha ruta guiada.
  • 15.00h Conclusións, clausura das xornadas e entrega de certificados de asistencia. Embarque cara a Vigo
  • 16.00h Chegada a Vigo.

 

Solicitude xornada

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada