O gastrónomo Lorenzo Díaz vai ser o pregoeiro da LVI Festa da Lamprea de Arbo

Acada desde esta edición a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, anunciou Nava Castro

El alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito,. durante la presentación de la 56ª da Lamprea de Arbo.

El alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito,. durante la presentación de la 56ª da Lamprea de Arbo.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa Secretaria Territorial da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, presentou esta mañá na delegación territorial da Xunta en Pontevedra a LVI edición da Festa da Lamprea.

Gil desvelou o nome do pregoeiro da 56ª festa da Lamprea de Arbo que vai ser o crítico gastronómico Lorenzo Díaz, conocido en Herrera en la onda y ahora en Cope como ‘El mítico Llorenç’. Premio Nacional de Gastronomía (1991), Premio Alimentos de España (1993), Premio Bachiller en Fogones (2004), Abanderado del Cochinillo de Segovia (2002).

Lorenzo Diaz, gastrónomo manchego, pregoeiro da 56ª Festa da Lamprea de Arbo.

Lorenzo Diaz, gastrónomo manchego, pregoeiro da 56ª Festa da Lamprea de Arbo.

Segundo explicou o alcalde arbense, 2016 conmemora o IV Centenario da morte de Cervantes e Diaz é tamén un manchego que escribiu o libro “La cocina del quijote” para afondar en como se comía no século de oro español.

NAVA CASTRO

A responsable de Turismo da Xunta iniciou a súa intervención anunciando que a Festa da Lamprea acadou a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional o cal asegurou é “unha gran noticia para toda Galicia”, ao sumar xa a nosa comunidade un total de once festas que contan con este recoñecemento.

Neste senso, Nava Castro afirmou que “esta merecida distinción recoñece tanto a antigüidade, arraigo e continuidade desta festa como a súa singularidade”. Así, os próximos 22, 23 e 24 de abril Arbo exaltará un dos produtos máis auténticos de Galicia estreando distinción.

Esta festa tivo o seu orixe no ano 1961 cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas organizaron a I Festa da Lamprea de Arbo para dar a coñecer este produto así como os estupendos caldos de uva albariño e condado do municipio, hoxe acollidos á Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas.

Dende entonces, Arbo celebra ininterrompidamente a súa festa máis importante na que miles de asistentes abarrotan os restaurantes da vila e os puntos de degustación situados no recinto ‘Arbomostra’, para gozar das racións de lamprea preparada de distintas formas e dos mellores caldos da zona.

xunta

Nava Castro y Hoarcio Gil na presentación da LVI edición desta festa gastronómica que tivo lugar esta mañá en Pontevedra.

A directora de Turismo de Galicia destacou que tanto a festa da lamprea en si mesma como todas as actividades lúdicas e culturais que completan o programa desta celebración constitúen un gran atractivo turístico para a nosa comunidade como destino. “Dende Turismo de Galicia somos conscientes da potencialidade desta festa e, por isto, impulsamos a súa promoción, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística”, afirmou Nava Castro.

Neste senso, Nava Castro afirmou que unha das actuacións que inclúe o Plan Integral de Turismo de Galicia é a promoción e mellora das festas de exaltación de produtos enogastronómicos, especialmente as declaradas de Interese Turístico, mediante a consolidación de criterios homoxéneos de calidade e a promoción e valorización dos produtos sostibles e de calidade. “Deste modo, a aposta polas celebracións gastronómicas tradicionais que xeran experiencias únicas no destino, como é o caso da Festa da Lamprea de Arbo, ocupa un lugar moi relevante na política turística do Goberno galego”, sinalou.

Ruta da Lamprea

Por outra parte, Nava Castro fixo referencia ao novo produto turístico promovido por Turismo de Galicia entorno a este particular peixe e a súa captura, a Ruta da Lamprea.
Segundo explicou a responsable de Turismo da Xunta, esta ruta combina os numerosos recursos vinculados á lamprea de cada unha das zonas dos tres ríos nos que habita en Galicia, o río Miño, Tambre e Ulla, coa visita a lugares de interese natural e cultural da súa contorna como miradoiros, paseos, pontes ou capelas entre outros.

Así mesmo, ofrece multitude de restaurantes que permiten degustar este manxar de maneiras moi diversas.“Con todo, a Ruta da Lamprea potenciará a oferta turística dos dezaoito municipios que o integra, así como na súa área de influencia, a través destes itinerarios que aglutinan diferentes recursos que conxuntamente constitúen un gran atractivo”, sinalou Nava Castro.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada