Horacio Gil, alcalde de Arbo: “A Festa busca promocionar os nosos viños a través da lamprea”

Horacio Gil, alcalde de Arbo, trala entrevista con Grupo ES. no Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, Arabo.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, trala entrevista con Grupo ES., no Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, Arabo.

A Festa da Lamprea de Arbo, na súa 56ª edición, segue a recuperar a Arbomostra tras uns anos sen celebrarse. A exposición que chega a súa 22 edición é un escaparate de recursos do municipio de toda a súa actividade agroindustrial e artesanal. Desta forma, Gil observa que cosolídase a Festa da Lamprea. Ademais, a Arbomostra serve de promoción para a Lamprea e o viño de Arbo, condados e albariños. Idea que repite e na que insiste o alcalde durante esta entrevista “A Festa busca promocionar os nosos viños a través da lamprea”.

Entre todas as actividades, o alcalde confesa que disfruta especialmente coa Gala da Lamprea. “É unha oportunidade de recoñecer a todos los veciños e veciñas xunto con entidades que traballan a prol de Arbo”.

A Festa da Lamprea serve tamén para conservar recursos patrimoniais como son as pesquieras. “A través de Turismo de Galicia tivemos a oportunidade de recuperar alguna desas pesquieras e esperamos seguir facéndolo nun futuro”,.

“En torno a unha mesa cunha lamprea … pódense facer grandes proxectos empresariais” por isto invita a todos, empresarios e público en xeral, a vir á Festa da Lamprea e durante todo o ano a Arbo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada