Arbo quere que coñezamos a lamprea antes de comela

Horacio Gil (i), alcalde de Arbo, e Manuel Ángel Pombal, profesor investigador da Universidade de Vigo.

Horacio Gil (i), alcalde de Arbo, e Manuel Ángel Pombal, profesor investigador da Universidade de Vigo.

Co suxestivo título de ‘Coñecer a lamprea antes de comela’ o profesor investigador en Bioloxía da Universidade de Vigo, Manuel Ángel Pondal,  desenvolveu esta charla-conferencia nas xornadas técnicas da Festa da Lamprea de Arbo. Foi presentado polo alcalde arbense, Horacio Gil, quen fixo referencia á súa traxectoria investigadora cos seus máis de 45 artigos científicos centrados no sistema nervioso e visual da lamprea.

O alcalde comezou falando da lamprea coma un peixe “enigmático” e que Arbo leva anos dando a coñecer… Horacio Gil estaba desexando escoitar do profesor Pombal curiosidades e anécdotas deste peixe que ten en Arbo a súa capital.

O profesor Manuel Ángel Pombal,  pola súa parte, falou durante algo máis dunha hora dun xeito moi ameno sobre este vertebrado, “dos peixes vivos, o máis ‘antigo’ do mundo”. Pombal datou a súa orixe en 560 millóns de anos. Ente as características máis relevantes, subliñou a súa adaptación ao medio ambiente.

Grupo ES. recolleu a presentación e a charla do profesor para que todos os seus lectores poidan coñecer a lamprea antes de comela.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada