Arbomostra, tras un parón de 3 anos, volve con máis forza na Festa da Lamprea

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o seu convidado de honra,

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o seu convidado de honra, Miguel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural de la Xunta de Galicia.

Horacio Gil congratulouse de que Arbomostra cumpra nesta edición 22 anos, aínda que tiñan que ser 25 pero co parón de 3 chega agora a súa vixésimo segunda edición. Así dixo Horacio Gil na apertura, “consolídase como un referente industrial, artesanal e vitivinícola da nosa comarca”.

O alcalde estaba acompañado do visitante de honra que foi Miguel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.

Gil falou de recuperación económica e desexou que “chegue a todos os sectores da nosa comarca”.

PARQUE EMPRESARIAL

O alcalde arbense anunciou que xa está aberta a 2ª fase do Parque Empresarial de Arbo “dispoñible para que se implanten empresas”.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada