Medio Rural conserva no seu centro de investigación de Mabegondo máis de 4.000 entradas de recursos fitoxenéticos autóctonos

Nesta Reunión Científica da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos participan os seus preto de 200 socios

Nesta Reunión Científica da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos participan os seus preto de 200 socios.

Nesta Reunión Científica da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos participan os seus preto de 200 socios.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural, conserva máis de 4.000 entradas de recursos fitoxenéticos autóctonos, das que arredor de 1.600 son de especies pratenses e case 700 de millo. Ademais, dispón de variedades hortícolas, de cereais e froiteiras, que en conxunto son un importantísimo material xenético, útil para o aproveitamento das variedades mellor adaptadas a cada zona de produción e que sexan resistentes a determinadas enfermidades ou a circunstancias climáticas adversas.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou esta riqueza e a súa aplicación práctica –no marco do traballo que desenvolven os centros de investigación do seu departamento– para “dar resposta aos novos retos aos que se enfronta a agricultura”. Entre eles citou a conservación da biodiversidade e o desenvolvemento de boas prácticas agrarias que axuden a mitigar o cambio climático.

Ángeles Vázquez fixo estas valoracións na inauguración esta mañá en Lugo da 55ª Reunión Científica da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos. Neste acto, destacou que o desenvolvemento sustentable dos sistemas agrogandeiros está intimamente relacionado coas prácticas e innovacións que se poden aportar aos pastos e aos sistemas silvopastorís. Desta forma, dixo a conselleira, “é posible obter produtos naturais e tradicionais de alta calidade cun alto valor engadido polas súas características diferenciais, que hoxe, ademais, son demandados polo consumidor”.

A titular de Medio Rural incidiu en que as actuais circunstancias obrigan a proporcionar ao agricultor todas as ferramentas posibles para a diminución dos custes de produción. E que precisamente o aproveitamento dos recursos pastables con variedades únicas ou en rotación permite reducir a dependencia dos concentrados, co fin de conseguir os máximos rendementos económicos das explotacións. Lógrase, a maiores, garantir as mellores condicións posibles de benestar para os animais e a calidade dos seus produtos para o consumidor.

Reunión Científica

Nesta Reunión Científica da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos participan os seus preto de 200 socios. Dende hoxe e ata o vindeiro venres vanse desenvolver máis de 60 comunicacións e relatorios, que se complementarán con visitas técnicas para coñecer o aproveitamento de prados de rega e sistemas de produción de vacún e mesmo o propio CIAM de Mabegondo.

Os principais temas que se abordarán neste encontro teñen que ver coa botánica e a ecoloxía de pastos, produción vexetal, produción animal e sistemas e recursos silvopastorís.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada