O catedrático de Análise Matemática Juan José Nieto Roig ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O profesor e investigador da USC inicia a rolda de incorporación de catro novos académicos este ano

Nieto RoigA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra esta tarde no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Juan José Nieto Roig, catedrático no Departamento de Análise Matemática da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Matemáticas e Física do Cosmos. A súa inicia a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que en total se integrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titúlase “Matemáticas para a complexidade”. Logo de pronuncialo, recibirá a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma seralle entregado polo reitor da USC, Juan Viaño. Estarán acompañados na presidencia do acto polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde.

Juan José Nieto (A Coruña, 1958) é catedrático da área de Análise Matemática desde 1991. Cunha experiencia docente de máis de 35 anos, na actualidade dirixe o grupo de investigación sobre Ecuacións Diferenciais non Lineais da USC e é, segundo a ISI Web of Knowledge, o terceiro investigador máis citado a nivel mundial no campo das matemáticas. A partir das súas máis de 300 publicacións científicas conta xa con máis de 11.000 citas.

Foi bolseiro Fulbright en Estados Unidos e profesor visitante na Universidade de Texas. Exerceu como vicedecano e decano en funcións da Facultade de Matemáticas da USC nos anos 1989 e 1990. No período 2002-2010, foi director do Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e, desde o ano 2007, é o coordinador científico do nodo en Galicia do Instituto Español de Matemáticas. Coordinador do Máster en Matemáticas da USC entre 2009 e 2014, dirixiu seis teses doutorais e na actualidade atópase dirixindo dúas máis.

Entre 2009 e 2012 exerceu como editor-xefe da revista Nonlinear Analysis: Real World Applications, que naquela etapa ocupaba a posición 7 entre un total de 247 revistas na súa categoría. Na actualidade, colabora como editor en varias revistas científicas de alto impacto a nivel internacional.

Ten sido avaliador ou asesor para distintas organizacións españolas (ANECA, ANEP, ACSUG, etc.) e internacionais, como a National Science Foundation (Estados Unidos) e outras europeas e doutros países (Chile, Xeorxia, Australia e Portugal, entre outros).

Nieto Roig2

DISCURSO DE INGRESO DE Juan José Nieto Roig

REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS

Título

Matemáticas para la complejidad / Matemáticas para a complexidade

RAGC_Discurso_JJNieto_160412

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada