IV Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia premia o mellor intérprete de Ópera e de Zarzuela

A Gala terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, no marco das Festas da Ascensión

A soprano galega Teresa Novoa.

A soprano galega Teresa Novoa intervén no Maio Lírico.

Desde maio de 2013, a ADOC organiza unha Gala Lírica, con forma de concurso, cos mellores alumnos de canto dos conservatorios profesionais de Galicia. Tiveron lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Cada conservatorio de Galicia seleccionou un ou dous cantantes para interpretar dúas pezas, un fragmento de zarzuela e outro de ópera, unha en cada parte da gala.

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela organizará en 2016 a IV Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, no mes de maio. Con esta iniciativa búscase recoñecer e premiar a técnica vocal e a interpretación dos estudantes de canto dos Conservatorios Profesionais de toda Galicia mais destacados no eido da Ópera e da Zarzuela.maio lirico

A Gala se desenvolverá en dúas partes, Ópera e Zarzuela. Cada Conservatorio da nosa Comunidade Autónoma seleccionará un ou dous cantantes para interpretar dúas pezas, un fragmento de zarzuela e outro de ópera, unha en cada parte da Gala.

A Gala terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, no marco das Festas da Ascensión. O mellor intérprete de Ópera e o mellor intérprete de Zarzuela recibirán como recoñecemento a calidade da súa interpretación un premio dotado con 500 euros netos. Dende a segunda edición, en maio de 2014, estableceuse tamén un terceiro premio, para a mellor interpretación operística, decidido por votación do público asistente, que consiste nunha placa entregada polo Ateneo de Santiago.

O Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela prestan, dende a primeira edición, a súa colaboración material ao proxecto.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada