Mirar sin ver o mellor de Pontevedra, posible polos alumnos do Carlos Oroza

Autobús promocional en la Plaza de España de Pontevedra.

Autobús promocional en la Plaza de España de Pontevedra.

O CIFP Carlos Oroza realizan hoxe unha actividade polos lugares máis atractivos de Pontevedra e que van ser presentados dun xeito sensorial a través dos 5 sentidos para visitantes moi especiais cegos ou con restos de visión.

Este é o obxectivo que se prantexan 6 alumnos/as que cursan 2º do Ciclo Superior de Guías no CIFP Carlos Oroza xa que se enfrontan a un difícil reto para o cal están a traballar deseñando e planificando un paseo non solo comentado, senón interpretado no que os visitantes van coñecer, descubrir e sentir a historia e atractivos da Boa Vila a través dos 5 sentidos.

Porque mañá nos visitan un grupo de 12 persoas non solo asociadas a ONCE, é dicir persoas cegas ou con restos de visión, senón que son ademais os responsables dos 5 centros CRE de España

(Centros de Recursos Educativos da ONCE), acompañados pola Directora de Educación e do Director adxunto da ONCE de España.

O reto é alto e difícil, pero este grupo de alumnos/as están formados nas técnicas de acompañamento e guiado de todo tipo de público e para mañá teñen deseñada unha visita que vai dar comezo ás 19:30h na Praza da Peregrina e que vai percorrer as prazas e espazos máis emblemáticos da cidade, onde os visitantes van ter a oportunidade de tocar, escoitar, ulir e sentir o mellor de Pontevedra da man destes futuros guías que teñen preparado un programa interpretativo deseñado e elaborado por eles mesmos, co obxectivo de provocar nos visitantes sorpresas sensoriais que lles axuden a comprender mellor os contidos histórico artísticos que lles queren transmitir.

Esta actividade forma parte do proxecto de Innovación educativa de hostalería e turismo universal e inclusivo denominado “Para min,…para todospara”,equeticonsiste en deseñar, planificar e desenvolver unha serie de exercicios prácticos coma comidas adaptadas, talleres especiais e/ou visitas accesibles a variados perfís de usuarios, especialmente a persoas que teñen competencias e capacidades sensorial, física e/ou intelectual diferentes, colaborando así coa eliminación de todo tipo de barreiras tanto mentais coma físicas non só no sector da hostalaría e turismo, senón tamén favorecendo así a integración social de todos e todas.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada