Conde resalta que os novos 20 millóns en préstamos e avais ás pemes galegas contribuirán a apuntalar o crecemento

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria avaliou hoxe con Ascega as medidas para consolidar o ecosistema emprendedor galego.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria avaliou hoxe con Ascega as medidas para consolidar o ecosistema emprendedor galego.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou hoxe, durante unha reunión con membros da Asociación de Emprendedores e Empresarios de Galicia-Ascega, que os novos 20 millóns en préstamos e avais que o Goberno galego porá a disposición das pemes grazas ao cumprimento do déficit, contribuirán a apuntalar o crecemento económico de Galicia.

Conde destacou Ascega como unha das voces do emprendemento galego, sumando esforzos no “traballo conxunto para derrubar barreiras burocráticas”. “Queremos tomar o pulso ás necesidades que temos na consolidación dun ecosistema emprendedor galego”, dixo Conde, un ecosistema polo que a Xunta ten apostado sen reservas nos últimos anos. Neste senso, Conde lembrou que a Xunta apoiou mediante a ferramenta de capital risco Galicia Iniciativas Emprendedoras a 33 proxectos desde 2014, cunha media de 60.000 euros por iniciativa.

Ademais, o conselleiro resaltou que o Goberno galego ten posto en marcha diferentes medidas para apuntalar a creación de empresas, eliminando as licencias municipais para a apertura dun novo negocio, ademais de activar a oficina Doing Business, na que estableceu un canle directo co emprendedor para identificar barreiras burocráticas e incluso posibles cambios na lexislación; poñer en marcha a Unidade Galicia Emprende; abrir novas oportunidades a través da Rede de Business Angels e a Rede de Mentores, ou reforzar as oportunidades dos novos negocios a través de aceleradoras de emprendemento activadas por toda Galicia.

Ferramentas como esas, defendeu o conselleiro durante a reunión con membros de Ascega, teñen contribuído a apuntalar o crecemento que Galicia está a experimentar. Neste senso, durante os primeiros catro meses do ano, creáronse na provincia da Coruña 681 empresas, o que supón un crecemento de preto dun 20%, destacou o conselleiro, con respecto ao mesmo período de 2015.

“Son boas cifras que se suman ás que estamos a ver no PIB e nas exportacións, e que agardamos poder completar cun bo comportamento no emprego nas vindeiras semanas”, sinalou Conde.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada