O Pan do Porriño celebra a súa primeira festa de exaltación

Participan oito panaderías e Abel Gallego lerá o pregón

Pan do PorriñoA Festa do Pan do Porriño prográmase por vez primeira para esta fin de semana, o 3 e 4 de xuño. Hai unha grande expectación e o sentimento de que o pan do Porriño xa debía tela hai anos.

O panadeiro Juan ‘Chinchina’, voceiro nesta ocasión das panaderías participantes (AMAQUIA, Chinchina, La Estrella, Progreso, Argibay, Torneiros, Troca e Erundina), afirmou que os pandeiros están moi ilusionados con esta iniciativa, e que queren que a súa labor sexa máis coñecida polos porriñeses e porriñesas e veciños da zona. “Preparouse un programa atractivo e con moitas actividades para que todo o mundo poida disfrutar do noso pan”. Segundo Juan ‘Chinchina’, “o pan do Porriño é un producto tradicional con moito sabor, e todos os panadeiros o facemos con cariño e moita adicación, paciencia e traballo. Queremos agradecer ao Concello, á Asociación de Veciños e aos patrocinadores e marcas, o seu apoio neste proceso, e como non, a Juana Pérez e Noelia Conde de ACIPOR, sen elas, esto non sería posible”.Cartel_PandoPorrino_DEF_RGB_mediacalidad2

PREGOEIRO

O porriñés e moi popular mítico integrante da banda de rock porriñés dos 80, Abel Gallego, foi a cara elixida para ler o pregón da Festa do Pan do Porriño. O pregoeiro lembrou a súa fonda tradición familiar de pertenza ao sector panadeiro e as anécdotas da súa vida e avós e familiares vinculados a varias panaderías famosas do Porriño. Será o encargado o sábado ás 12 da mañá na praza de San Benito de dar comezo á Festa co seu pregón.

As marcas participantes no evento son Obrador de Lamprea, Bodegas Eidosela, Mel de API ROMA, Requesón de as Neves, Mermeladas do Sabugueiro Carabuñas, Embutidos Raposo, Grupo Coren, e a tenda de produtos artesanais porriñesa CHICORIA ULTRAMARINOS así como as empresas patrocinadoras, isto é, HASENOSA, gráficas Bólfer, COVIGAN e Grupo Fróiz.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada