O DOG publicará en breve a nova convocatoria de axudas para restruturación e reconversión de viñedo por 1,7 millóns de euros

Ángeles Vázquez. ARCHIVO.

Ángeles Vázquez. ARQUIVO.

A Xunta destinará este ano un total de 1.750.000 euros ás axudas para a restruturación e reconversión da viña na nosa comunidade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará en breve a convocatoria de 2016 destas achegas, cofinanciadas na súa totalidade polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Así o destacou esta mañá a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na súa visita ás viñas da explotación de Gerardo Méndez Lázaro, situadas no concello pontevedrés de Meaño. Estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a alcaldesa deste municipio, Mª Lourdes Ucha Varela.

Neste acto a conselleira salientou que con estas axudas demóstrase a clara aposta da Xunta para acadar unha óptima ordenación do potencial vitícola e por mellorar a competitividade do sector.

Ángeles Vázquez explicou que as achegas aplicaranse ás superficies de viñedo da comunidade autónoma destinadas á produción de uva para vinificación, nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión de viñedos.

No período 2000-2015 beneficiáronse destas axudas un total de 9.300 viticultores e a superficie afectada foi de 4.131 hectáreas. Destináronse 60,6 millóns de euros a esta finalidade e a media de axuda por beneficiario foi de 6.524 euros.

Obxectivos
Coa esta orde de axudas búscase acadar unha serie de obxectivos estratéxicos fixados na política de reestruturación de viñedos en Galicia. Entre eles salientan os reaxustes estruturais que fagan diminuír os custes de produción nas explotacións vitícolas onde predomina o minifundio. Tamén o de mellorar as técnicas de xestión dos viñedos e adaptar as explotacións ao mercado a través de melloras varietais, ao mesmo tempo que se preservan as variedades viníferas autóctonas de menores rendementos e de elevada calidade diferenciada, aproveitando deste xeito a gran vantaxe competitiva que supón a diferenciación nun mercado cada vez máis globalizado.

Procúrase ademais o aumento da profesionalización dos nosos viticultores, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional facilitando o acceso ás explotacións á viticultores mozos.

Viñedo en Meaño
A explotación vinícola visitada hoxe pola conselleira en Meaño ten unha superficie de 8.530 m2 e recibiu unha axuda para restruturación e reconversión da viña de 7.500 euros. O propietario destes terreos conta con adega propia (Albariño do Ferreiro).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada