Feijóo asegura que á vista do comportamento laboral, das exportacións e da recadación fiscal, a previsión neste momento é que Galicia siga crecendo e que o faga a un 2,8%

Cifra en tres décimas máis do estimado inicialmente e unha décima por encima do que prevé o Goberno central para o conxunto de España

FeijooO titular da Xunta participou onte no xantar-coloquio organizado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD). “A previsión neste momento é que Galicia siga crecendo e que o faga a un 2,8%, é dicir, tres décimas máis do estimado inicialmente (2,5%), e unha décima por encima do que prevé o Goberno central para o conxunto de España. E a estimación de baixada do paro é un punto superior á prevista e todo apunta a que quedará no contorno do 17,3%”, explicou Feijóo durante o encontro.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada