O proxecto Termagal obxectivo da Asociación de Balnearios de Galicia

Estará presente cun stand propio na vindeira edición de Termatalia, en México

balnearios (1)A Asociación de Balnearios de Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria esta mañá no Balneario de Compostela, en Brión, coa presenza do seu presidente, Antonio Garaloces, director do Balneario de Lugo.

 

No transcurso da sesión aprobáronse as contas de 2015 e fíxose unha previsión do presuposto do presente exercicio. Ademais, analizáronse as iniciativas que a entidade ten en marcha, entre elas o Proxecto Termagal, centrado no deseño dunha aplicación informática para a implantación da historia clínica dos termalistas nos balnearios galegos. Ademais, a asociación estará presente cun stand propio na vindeira edición de Termatalia, que se celebrará en México a finais de setembro deste ano, presentando un produto que aúna termalismo e Camiño de Santiago. E continuarase apoiando a Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, co fin de formar a futuros facultativos na cura termal.

 

A Asociación naceu en 1985 e na actualidade está integrada por un total de 20 balnearios das catro provincias. Este ano incorporouse o Balneario Oca Augas Santas, situado na localidade lucense de Pantón.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada