A DO Ribeiro incrementou nun 626% as súas exportacións nos últimos anos

A Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4 millóns de euros ao sector do viño para a súa promoción

RibeiroA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe o traballo da DO Ribeiro que se reflexa no incremento dun 626% das exportacións nos últimos anos. A conselleira realizou estas declaracións na gala de entrega dos Premios Ribeiro onde estivo acompañada pola directora de Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. A entrega celebrouse no Mosteiro de San Clodio, no municipio ourensán de Leiro.

A titular de Medio Rural salientou que o sector vitivinícola esperta un crecente interese tanto dende o punto de vista dos elaboradores como do consumidor final. “Trátase dun ámbito que está a vivir importantes avances tanto tecnolóxicos como comerciais, poñendo a Galicia no mapa enolóxico mundial”, declarou Ángeles Vázquez. Lembrou ademais que estes premios non son senón o recoñecemento de todo este traballo realizado e unha forma de visibilizar o sector do viño en xeral e, concretamente, a Denominación de Orixe Ribeiro.

Nesta mesma liña, a conselleira destacou que o do viño é o sector agroindustrial galego máis exportador, e co fin de manter esta posición, a Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4 millóns de euros para promover o sector. No caso da DO Ribeiro, foron máis de 2,5 millóns desde 2009.

“O mundo da venda de viño é cada vez máis competitivo e require ampliar os mercados para manter un nivel de crecemento económico axeitado”, sinalou Vázquez, e engadiu que por iso, “a obtención de beneficios nas adegas galegas implica buscar novos retos e crear non só un bo produto, senón tamén as infraestruturas de venda máis axeitadas aos escenarios globais nos que nos movemos”.

A conselleira destacou o labor desenvolvido polos produtores, adegueiros, consellos reguladores, administración e profesionais e animounos a ser quen de profesionalizar este sector, pois “ten por diante un futuro moi esperanzador”.

DO Ribeiro

A denominación de Orixe Ribeiro conta con de 5.812 viticultores e 107 industrias que traballan 2.646 hectáreas de superficie da comunidade galega. Estas industrias comercializan un volume de 8.427.600 litros e o seu valor estímase en 25 millóns de euros.

 

Premio Gañador
Persoeiro de Honra Cristino Álvarez
Muller e Viño Mayte Santa Cecilia
Mellor Tarefa de Comunicación Salvador Manjón
Vida entre Vides Avelino Lorenzo
Premio Finalistas
Mellor Servizo de Viño en Restaurante Restaurante Campos (Lugo)O Retiro da Costiña (Santa Comba)Galileo (Ourense)
Mellor Tenda Especializada – Viñoteca Santorum (Ourense)El Yate (Vigo)La Sucursal (Lugo)
Mellor Taberna – Bar de Viños O Bacoriño (Ferrol)Adega do San Vicente (Lugo)Bagos (Pontevedra)

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada