Medio Rural convoca as subvencións para o consumo de froita nos colexios cun orzamento de 317.200 euros para o próximo curso

Una trabajadora de un supermercado cambia un precio antes de la apertura del establecimiento en Vilna el 1 d enero de 2015.

Una trabajadora de un supermercado cambia un precio antes de la apertura del establecimiento en Vilna el 1 d enero de 2015.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución da Consellería do Medio Rural para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas entre os escolares para o curso 2016/2017 cun orzamento de 317.200 euros, ao igual que a pasada convocatoria. O 75% do orzamento procede do Fondo Agrícola de Garantía (Feaga) e o 25% restante é abonado pola Xunta de Galicia.

Esta orde permite aos centros escolares adquirir e repartir entre o seu alumnado tanto de infantil e primaria como de secundaria, froita fresca. O importe máximo de axuda é de 0,25 euros por alumnos e día lectivo. A froita repártese por períodos de 5 días lectivos consecutivos e cada centro escolar pode solicitar de un a catro destes períodos de maneira consecutiva ou non. Preferentemente optarase por froitas frescas de tempada sustentables (agricultura ecolóxica ou integrada).

O obxectivo a curto prazo é potenciar o consumo destes produtos entre os nenos e a mocidade e, a longo prazo, crear hábitos alimenticios saudables de cara ao seu futuro. As froitas máis consumidas son laranxas, mandarinas, mazás, plátanos, peras, pexegos, albaricoques, amorodos, melón, uvas, melón, ameixas, cereixa e kiwis, entre outras. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes que comeza a contar dende mañá.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada