Bretal, chef: “O 60% é o trato co cliente. Logo, se come rico e ben…”, o éxito está asegurado

Os xaponeses son “esaxeradamente agradecidos. Ata te sentes mal”

IMG_1815

Iñaki Bretal, no Eirado, na praza da Leña, Pontevedra.

El mesmo fai as compras. Marcha a Ribeira – onde é nado- e merca o peixe e o marisco. Para a carne abastécese en Bandeira de onde trae esos lombos de vaca vella con graxa. E as verduras son de dous agricultores ecolóxicos que lle venden o produto.

O ribeirense Iñaki Bretal ten o seu Grupo de restauración co nome del mesmo. Na pontevedresa praza da Leña está a tapería Lodaira e o “buque insignia”, O Eirado. E isto competindo con 4 restaurantes máis nos baixos da mesma praza.

O Eirado foi “o primeiro en marcar un estilo de cociña”. Define Breal O Eirado como de cociña de mercado. “Produtos de moita calidade” que se “respectan” á hora das elaboracións e que se resaltan. “Calidade alta, excepcional, a un prezo moi razoable”, formula o chef. Por iso, di que non lle supuxo moito esforzo entrar en Galicia Calidade.

Bretal é un dos 21 cociñeiros do mítico Grupo Nove. Para o ribeirense a restauración galega vive un momento de “plenitude”, sinala. Empézase a valorar en Galicia. Fóra os clientes “alucinan” pola relación entre o que come e o que se lle cobra… Imposible noutros lugares.

Iñaki Bretal é consciente ademais de todo o que temos nun lugar tan pequeno como Galicia. Resalta que é excepcional a variedade de peixe, carne e verduras que podemos ofrecer.

O Chef confesa ser “perfeccionista” e que lle vén de herdanza por parte do pai. El procede de familia de mariñeiros, non de cociñeiros.

O consello para quen vai a un restaurante é que “se relaxe, que desfrute”. Non se atreve a recomendar un prato e enumera os produtos de temporada. Presume de carta curta e pouca elaboración.

Bretal deu banquetes en Xapón,  EEUU ou Canadá. E constatou que ninguén como os xaponeses para o agradecemento. “Esaxeradamente agradecidos. Ata te sentes mal”.

E formula así o éxito da restauración: “O 60% é o trato co cliente. Logo se come rico e ben…”, o éxito está asegurado.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada