MIT Ribadavia inaugurase coa descuberta dunha placa de honra ao artista plástico Mon

Mon Devane. Autorretrato. Acrílico sobre escombro. 2016.

Mon Devane. Autorretrato. Acrílico sobre escombro. 2016.

O acto desta edición de 2016 será especial porque coincide coa decuberta dunha placa e dunha obra do artista plástico urbán MON (Ourense, 1985) na entrada do Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia, que a partir deste acto e por resolución do pleno do Concello de Ribadavia, pasará a denominarse “Auditorio Manuel María”, poeta e dramaturgo ao que se lle adican as Letras Galegas 2016, estreitamente vinculado coa Xeración Abrente de Teatro Galego.

Na inauguración estarán presentes representantes da Fundación Manuel María, autoridades políticas e representantes do mundo da cultura, especialmente das Artes escénicas.

A posta en escena do acto correrá a cargo do escenógrafo Diego Valeiras, responsable de imaxe do festival e nel tamén se fará entrega do Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño da MIT 2016 ás actrices Mabel Rivera e Belén Constenla, que estrearán no Castelo a obra “Voaxa e Carmín” o día 19 de xullo.

O propio día de inauguración, 16 de xullo, complétase o programa con dúas agardadas estreas en Galicia: La Piedra Oscura, no Castelo ás 23:00h e FLUX, de Zanguango Teatro, na Praza Maior, espectáculo de rúa na Praza Maior no que participan varios voluntarios, veciñas e veciños de Ribadavia e que sorprenderá unha vez máis pola súa dimensión de intervención e transformación da rúa nun espazo de comunicación e diversión, despois de recibir o Premio do Xurado do Festival TAC de Valladolid ao espectáculo máis orixinal e innovador.

Pola súa parte, LA PIEDRA OSCURA é unha obra escrita por Alberto Conejero e dirixida polo arxentino Pablo Messiez, inspirada  na  vida  de  Rafael  Rodríguez  Rapún  ‐estudante  de Enxeñería de Minas, secretario da Barraca e compañeiro de Federico García Lorca nos últimos  anos  das  súas  vidas. La  piedra  oscura  é  unha  vibrante  peza  sobre  a memoria (un dos eixes temáticos desta MIT 2016) como espacio de xustiza e tamén sobre a necesidade de redención. Un texto  no  que  se  aúnan  tensión  dramática e  pulso  poético  para  levantar interrogantes sobre  a  naturalización  do  noso  pasado  máis recente  e o destino dos esquecidos nas cunetas da Historia. Premiadísimo e aplaudido espectáculo (5 MAX: mellor espectáculo teatral, director de escena, autoría, deseño de iluminación e de espazo escénico), Premio Ceres para o autor e Premios da Unión de actores 2016 para os seus protagonistas, Nacho Sánchez e Daniel Grao.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada