Mar destinou máis de 27 millóns de euros á mellora da transformación e comercialización de produtos marítimo-pesqueiros no 2015

A conselleira do Mar visitou este mediodía a empresa o Percebeiro e as instalacións da Autoridade Portuaria, en Marín.

A conselleira do Mar visitou este mediodía a empresa o Percebeiro e as instalacións da Autoridade Portuaria, en Marín.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, José Benito Suárez, visitou este mediodía a empresa O Percebeiro, dedicada á comercialización de peixe e marisco e ubidada no porto de Marín. A titular de Mar tamén participou no acto de homenaxe ao Buque Oceanográfico Coornide de Saaveda, celebrado no porto de Marín.

Durante a visita ao Percebeiro, a conselleira lembrou que o seu departamento destinou no ano 2015 máis de 27 millóns de euros ás axudas para transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura e tramitou máis de 100 expedientes no marco desta convocatoria.

Neste sentido, dixo, dende o ano 2009 a empresa O Percebeiro foi beneficiaria deste tipo de axudas con máis de 320.000 euros. Estas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, teñen como obxectivo conseguir un maior nivel de diversificación e diferenciación da oferta, así como modernizar tecnoloxicamente os procesos de produción e distribución, lembrou a conselleira.

Tamén buscan mellorar as condicións de traballo, as condicións hixiénicas e de saúde pública ou calidade dos produtos. Amais están encamiñadas á fabricación de produtos de alta calidade para mercados altamente especializados que promovan un mellor emprego de especies, subprodutos e residuos pouco aproveitados, reducindo o impacto no medioambiente.

O Percebeiro

A empresa O Percebeiro adquire a diario os seus produtos nas principais lonxas galegas
para despois vender aos seus clientes en menos de 24 horas trala poxa. Tamén se dedica á venda online. Conta cunha cetárea e cunha depuradora e co seu propio departamento de sanidade para facer un seguimento exhaustivo de cada lote de produción.

Distribúe peixe e marisco a clientes de toda España, París, Andorra, Suecia, Italia e Inglaterra e realiza envíos puntuais a outros países. Actualmente comercializa máis de 300 toneladas anuais e conta cunha clientela de máis de 400 establecementos do territorio nacional. No ano 2013 foi premiada co accésit á Internacionalización no “II premio Joven Emprendedor de Galicia” e no 2014 o director da empresa recibiu o premio “Autónomo distinguido 2014”.

Visita ás confrarías de Bueu e Aldán

Ademais esta mañá a conselleira do Mar mantivo unha xuntanza co patrón maior da confraría de Bueu, José Manuel Rosas, e esta tarde tamén se reunirá cos representantes da confraría de Aldán, en Cangas. O obxectivo destas visitas é coñecer de primeira man as súas necesidades.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada