As actrices Mabel Rivera e Belén Constenla ‘mabeleando’ na MIT Ribadavia tras recoller o co-premio de honra e dispostas a representar xuntas ‘Voaxa e Carmín’

IMG_2881

As actrices Mabel Rivera (d) y Belén Constenla (i) recogen el premio de honra da MIT 2016 en presencia del director artístico, Roberto Pascual (i) e do alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez.

As actrices galegas Mabel Rivera e Belén Constenla recibiron o premio de honra da MIT Ribadavia este sábado. Ambas amosáronse contentas e sorprendidas polo galardón.

Mabel e Belén están moi vinculadas a Ribadavia. Mabel desde o comezo das Mostras cando era unha actriz de teatro afeccionado. O seu primeiro contacto co teatro vén do ano 1974. Logo continuaría vindo a Ribadavia coa compañía de teatro afeccionado.

Belén iniciou a súa carreira de actriz en Ourense e “case todos os anos que tiña obra” volvía a Ribadavia. Constenla lembra as “loucuras” de Abrente, a Mostra e a vila que ten “un público moi esixente” xa que está acostumado a ver bo teatro.

Mabel Rivera e Belén Constenla coñecéronse no Centro Dramático Galego, CDG, e traballaron xuntas na obra ‘As alegres casadas’.

Agora a propósito da MIT van representar xuntas ‘Voaxa e Carmín’ a historia das populares ‘Marías’ de Santiago de Compostela, Maruxa e Coralia Fandiño Ricart. “É a segunda vez que traballamos xuntas. E con esta intensidade, desde logo, nunca”, di Mabel. Rivera amósase satisfeita pola “ernexía” que as dúas tiveron que poñer neste traballo. “É unha linguaxe moi estraña, moi específica, moi concrea e moi esixente”.

O director, Xavier Castiñeira –ao que dedicaron o premio de honra da MIT- “é capaz de organizar un material escénico tan complexo como o deste texto”. A Mabel e Belén gústanlles que lles diga que “conseguistes facer unha ‘mabelén’ “. A conexión entre as dúas actrices –non xa entre as dúas personaxes- é tan grande… é imprescindible nesta función”, sinala Rivera. Por iso describe a súa compañeira como “unha persoa de grande entrega e de gran xenerosidade”.

Belén constata outra coincidencia. O ano pasado estivo de xurado na MIT e apostou por este texto que –coincidencias da vida- agora vai intrepretar o martes 19, ás 23.00 horas, no auditorio do Castelo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada