‘Fendas’ e ‘Todo sobre Eva’, premio Abrente de textos teatrais da MIT Ribadavia

Roberto Pascual, director artístico de la MIT Ribadavia.

Roberto Pascual, director artístico de la MIT Ribadavia.

A acta do Xurado do 11º Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT Ribadavia concedeu, ex aequo, o Premio aos textos presentados co título “Fendas” presentado co lema de Lugasi Karloff e o titulado “Todo sobre Eva”, co lema Todas somos Eva.

Todo sobre Eva é una obra con temática urxente, necesaria e que arroxa luz sobre unha problemática global, a violencia simbólica sobre a condición de ser muller e a violencia de xénero.

É un texto poético, con posibilidades moi abertas na súa escenificación. Un berro poético, social e escénico, que bebe da dramaturxia de Heiner Müller e da salmodia dos textos bíblicos.

“Fendas” é un texto que fala sobre a memoria histórica contrapoñendo o máis escuro do noso pasado co que está sucedendo no noso presente. Amósase quizais con este texto que non están resoltas moitas das cuestións do pasado, que é preciso e oportuno traer aos nosos días. A peza podería trasladarse a calquera tipo de poder social e político que impón a súa maneira de estruturar una determinada sociedade sen ter en conta todo o legado anterior. Por todo iso, porque está pasando hoxe no mundo, o texto ten unha grande actualidade. Remite ao concepto da vanalidade do mal formulado por Hannah Arendt, que expresa a xustificación dos feitos tráxicos sen querer asumir responsabilidades persoais e respondendo con exclusiva complicidade á autoridade.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada