Carlos Carrión, presidente da adega Paco&Lola: “Traballamos nun proxecto que está asociado cun tinto Rías Baixas”

Carlos Carrión, presidente da adega Paco&Lola, no hall da adega.

Carlos Carrión, presidente da adega Paco&Lola, no hall da adega.

Paco&Lola soa a sur de España como os lunares das etiquetas das botellas e todas as formas no edificio desta adega da DO Rías Baixas, en Meaño, Pontevedra.

Carlos Carrión (Castrelo, 1971) é un dos 420 viticultores-socios que a conforman e presidente da mesma. Recibe a Grupo ES. nun luns cheo de sol como é habitual nos últimos meses no verán galego.

Paco&Lola naceu como outras grandes empresas nun garaxe preto da actual adega. Buscábanse nomes que soaran a España –que “chamaran a España”, di o presidente-  e deron con este, Paco&Lola, pensado, inicialmente, para a comercialización internacional. Conta Carrión que na asemblea de socios, cando se dixo este nome, máis dun comezou a rir a cachón.

Hai tres datas chave na adega Paco&Lola nesta década: Fundación da cooperativa (2005); primeira colleita (2006) e edificio da Adega (2007). Son pois dez anos desde que, como sinala Carlos Carrión, se reparten algo máis de 3 millóns de euros cada ano entre os socios, unha lotería que sempre toca.

Carlos asegura que o cooperativismo está no ADN da xente. E esta cooperativa é filla dun momento especial cando os viticultores da zona se atoparon cun excedente de uso na DO Rías Baixas e preguntáronse que facer para comercializar a súa uva.

Paco&Lola elabora case exclusivamente albariño monovarietal. Ademais teñen un tinto da DO Navarra e un cava da DO Cava. A isto hai que lle engadir un licor de framboesa.

Máis de 12 elaboracións de albariño son as que produce esta adega. Paco&Lola está baixo o selo de Galicia Calidade. Explica o presidente que para o cliente final, esta certificación axuda á asociación do viño galego coa calidade. “Un produto galego que reúne as características de calidade”.”Unha ferramenta que nos axuda na comercialización deste viño”. E adianta que a intención é solicitar, este ano, a certificación de Galicia Calidade para todas as marcas.

Un millón de medio de botellas saen desta adega Paco&Lola cada ano. Comercialízanse a metade en territorio nacional e a outra, en máis de 40 países.

Carrión está moi satisfeito co Paco&Lola 2010 Vintage. Un viño elaborado sobre lías. Son 6.000 botellas desta edición especial. Viño complexo que dificilmente se pode presupoñer que é un albariño. Con toques salinos, untoso, estrutura asimilable a un tinto.

O Paco&Lola nº 12  é un viño pensado para a xuventude, para iniciarse na cultura do viño. Incluso o tapón é de rosca, non leva cortiza. “Un viño elegante de beber, sinxelo para a xuventude”, di o presidente.

Carlos Carrión fala, sen desvelar, dun proxecto que teñen para elaborar tinto Rías Baixas e ademais están a preparar este ano a primeira colleita para facer un espumoso galego.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1