O primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico impulsará unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia

Desenvolveranse medidas desde as dez áreas que contempla o sector: a hostalería, o comercio, a alimentación, as TIC, a construción e os inmobles, a banca, o asesoramento e intermediación, as axencias de publicidade, a área de traballo e o cooperativismo

Alberto Núñez Feijóo.

Alberto Núñez Feijóo.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta vai promover o uso do galego no ámbito económico a través do primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico.

Os obxectivos do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico

O titular do Goberno galego destacou que o Plan estrutúrase a través de tres obxectivos estratéxicos principais: crear conciencia de que o uso do galego favorece os resultados económicos e empresariais e as relacións laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua no ámbito económico, nas relacións laborais comerciais e empresariais, tanto na oferta como na demanda de servizos; e utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia.

Para concretar estes fins desenvolveranse medidas desde as dez áreas que contempla o sector: a hostalería, o comercio, a alimentación, as TIC, a construción e os inmobles, a banca, o asesoramento e intermediación, as axencias de publicidade, a área de traballo e o cooperativismo.

O seguimento do plan

Segundo Feijóo, o plan vai ser avaliado no marco do Observatorio da Lingua Galega, mediante a creación dun grupo de traballo permanente integrado polos representantes tanto da Secretaría Xeral de Política Lingüística, como das consellerías e o resto de entidades involucradas no seu desenvolvemento anual, tales como o Consello Galego de Cooperativas, as cámaras de comercio ou a Confederación de Empresarios de Galicia, entre outras.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada