Milagros González Refojo, presidenta de A Pementeira: “Co selo de Galicia Calidade quixemos que o nome de Galicia saia por aí cos nosos pementos”

A presidenta da Pementeira, Milagros González Refojo, en una de sus plantaciones de pemento de Herbón.

A presidenta da Pementeira, Milagros González Refojo, en una de sus plantaciones de pemento de Herbón.

Hai uns 35 anos un pillabán rexistrou as sementes dos pementos de Padrón e desde entón case calquera pemento que se cultiva en calquera lugar é de Padrón. A pesar disto, en 2006 un grupo de esforzados agricultores de Padrón fixeron os trámites oportunos para conseguir a Denominación de Orixe Protexida en Europa e que deu en chamarse Pemento Tipo Padrón, pasando a denominarse  Pemento de Herbón-Padrón. Este é agora o verdadeiro pemento que se acompaña do selo de garantía Denominación de Orixe Protexida.

Así o explica Milagros González Refojo, presidenta da SAT A Pementeira, en Padrón a Grupo ES. que recibe nun invernadoiro onde traballa cuns empregados.

Milagros foi testemuña da unidade dos 23 socios –profesionais do cultivo do pemento- que fundaron a cooperativa en 2006 “para mellorar a situación”. Daquela os agricultores traballaban en solitario e “non tiñamos moito futuro” recoñece a presidenta. “Careciamos de rexistro sanitario e vendiamos en mercados locais”.

IMG_5526

Agora contan cunha planta de Envasado a onde acoden todos os días entre maio e outubro, cos pementos seleccionados a falta dunha última ollada na planta. Cada socio ten a súa propia trazabilidade e envásase co seu número de socio e coa parcela de onde foi recollido o pemento. O pemento sae inmediatamente envasado en bolsas e atoparase en estado óptimo para o seu consumo durante dez días, a temperatura precisa. Como sinala, Milagros González “é un traballo sobre pedido”.

Uns 300.000 quilogramos se envasan cada temporada na Pementeira procedentes de plantacións en invernadoiro e ao aire libre dos socios. O Pemento de Herbón, explica a presidenta, é inconfundible polo seu “olor e sabor”, pero, claro, hai que o coñecer.  O pemento antigamente vendíase en po, moído. En fresco, o pemento de Herbón é un froito inmaturo.

Pero o traballo non remata en outubro. Despóis hai que seleccionar as sementes e plantar para obter novas plantas.

Milagros sabe que os pementos de Herbón-Padrón teñen chegado moi lonxe. Por exemplo, a Xapón porque o presidente da Xunta, Alberto Núñez-Feijóo  obsequiou, en 2013 durante una estancia en Galicia, ao príncipe japonés Naruhito con pementos de Herbón-Padrón, dado que Naruhito non coñecía este produto típico galego.

Tamén o actor neoiorkino Robert Downey Jr., que encarnou a Tony Stark, atreveuse a probar os nosos  famosos pementos de Herbón-Padrón e sen a armadura de Iron Man.

O verdadeiro Pemento de Herbón-Padrón está baixo o selo de Galicia Calidade. Milagros González di que co selo de Galicia Calidade “quixemos que o nome de Galicia saia por aí cos nosos pementos” e recoñece que ese selo inflúe e moito.

As preparacións son cada día máis variadas. Desde a tradicional, pementos fritidos e sazonados con sal, ata en tempura ou doutros xeitos. González Refojo subliña que os pementos non se deben fritir co rabo. Este amarga, é un apéndice de herba. E o aceite, se lles quitamos o rabo, pode volver a se utilizar.IMG_5519_R

Non existen pementos de Herbón en conserva pero xa teñen comercializado na Pementeira marmelada de pemento, doce ou picante, dispoñible nas tendas gourmet e na web de venda ‘on line’ da Pementeira. Isto xurdiu no convento franciscano de Herbón, dándolle voltas a que produtos poderían completar o ciclo do pemento para ter vendas todo o ano. Milagros anuncia que, pouco a pouco, van ir sacando outras elaboracións.

Milagros González ten claros os obxectivos para vindeiros anos como facerse máis visibles nos mercados; chegar a máis lugares e deseñar novas elaboracións. A Pementeira, en definitiva, máis coñecida polo seu produto.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1