Salvaterra exalta a flor da Orquídea coa 1ª Feira-Exposición Internacional, no Parque A Canuda, esta fin de semana

Celebraranse dous sorteos de Orquídeas entre os visitantes á Feira-Exposición o sábado e o domingo

Orquidiario

Xardín Botánico de Orquídeas no parque-xardín A Canuda, en Salvaterra de Miño.

A Presidenta da Asociación Portuguesa de Orquidofilia, APO, Graciela Meister, intervirá coa 1ª Feira-Exposición Internacional de Orquídeas, o sábado 17 de setembro, coa conferencia sobre o mantemento e cultivo de Orquídeas phalaenopsis, ás 17.00 horas no parque-xardín A Canuda, en Salvaterra.

O domingo 18, ás 16.30 horas, José Costa, técnico estudoso en Orquídeas impartirá outra conferencia sobre o cultivo de Orquídeas Denbrobium e a súa montaxe nas árbores, tamén no parque da Canuda que conta cun xardín botánico de Orquídeas.

Ademais haberá actividades musicais como a actuación dun Grupo de Baile e banda de gaitas, Pontenova, tres concertos de piano, e celebraranse dous sorteos de Orquídeas entre os visitantes á Feira-Exposición o sábado e o domingo.

O programa desta 1ª Feira-Exposición Internacional de Orquídeas está organizado polo Concello de Salvaterra de Miño.Programa

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada